cristy tojo

Cristy Shedimar Tojo (Compostela, 1987)

Ouro no Campionato de Europa sénior de parakarate, modalidade de diversidade visual do 2019. Muller deportista, feminista e activista LGTB+, forma parte do club deportivo Ávalon Kai e do coletivo Lésbicas Creando dende o que imparte formación en autodefensa feminista.

Cristy, con esta medalla de ouro, coloca no máis alto un deporte e nunha modalidade con frecuencia invisibilizada polos medios de comunicación e xerarquías deportivas. Para todas nós ela é un referente e exemplo a seguir de constancia, coidado e de saber que é o realmente importante por enriba de convencionalismos sociais.

O xesto da foto vai para todas vós, para o feminismo galego,para que puidésedes subir ao máis alto do podio comigo”, Cristy