Chegamos á terceira sesión do FfotoCreativa deste ano en Vigo “Identidade e memoria. Quen somos? que terá lugar o próximo Sábado 29 de Abril de 11h a 14h no Patio de Guixar.

Neste encontro imos traballar coas imaxes antigas e como elas contan historias nas que nos podemos ver reflexadas. Será como sempre unha mañá amena onde combinaremos experiencia, teoría e prática.
Desta vez utilizaremos imaxes fotográficas e algo menos as cámaras, ainda que haberá opcións para utilizar o medio que se prefira.

Esta é parte dunha serie de encontros nos que combinamos o feminismo, a fotografía e a creatividade ideado por e para mulleres co obxectivo de dar resposta as necesidades e características específicas.

O Patio de Guixar é a parceira de Ffotoeduca pondo ao noso dispor o seu local na rúa Xulián Estevez, 56 en Teis.

O prezo de sesión é de 20€

Podes unirte xá a esta iniciativa enchendo este formulario https://goo.gl/forms/vlTKppokIToyb4Zu1

Para máis información sobre esta proposta e sobre Ffotoeduca visita www.fotoeducagaliza.blogspot.com e/ou escribe a fotoeducagaliza@gmail.com

vémonos!