O 3º Festival Agrogay da Ulloa, celebrarase o venres 26 e o sábado 27 de agosto na Granxa Maruxa, situada na aldea de Cumbraos, a 3 km. de Monterroso (Lugo). Tamén na vila de Monterroso.

O Colectivo Agrogay da Ulloa ten como principal obxectivo visibilizar un rural afectivo e sexualmente diverso. Ademáis, aposta por mostrar, defender e dar valor a outros principios como a sostibilidade, o respecto ao patrimonio material e inmaterial, e o ecoloxismo; defendendo a diversidade, tanto social como natural.

Feira, música ao vivo, obradoiros, mesa redonda, cine… darán cor a esta
terceira edición do Festival Agrogay da Ulloa.

O noso colectivo non ten ánimo de lucro.
Tódo-los ingresos obtidos da venda de entradas e merchandising serán destinados a cubrir os gastos do evento.

Mais informaçom AQUI