de Andrea Vegabreu

image1 (5)

FETA DE AMÉNDOAS

  • 300 gr. de améndoas remolladas e peladas (deixar a noite anterior a remollo)
  • 3/4 vaso de auga
  • 1/2 vaso de olivas ou tomates secos (xa rehidratados)
  • 1 culleradiña de pel de limón relada
  • Zume dun limón e medio
  • 2 culleradas de cebola en pó
  • 1 chisco de sal
  • 1 chisco de pementa
  • Opcional: 1 chisco de aneto (eneldo), tomiño limoeiro ou alfábega fresca

image2

Triturar as améndoas coa auga ata conseguir unha mestura homoxénea. Engadir o resto de ingredientes e mesturar. Verter sobre un coador e tea de gasa. Escorrer o exceso de auga, prensar e deixar na neveira cun peso enriba, preferiblemente dun día para outro.

Podemos facer distintas combinacións de sabores, por exemplo:

– Olivas verdes e tomiño limoeiro

– Olivas negras e aneto

– Tomate deshidratado con alfábega

_____________________________________________

PARMESANO DE NOCES E TOMATE DESHIDRATADO

image0

  • 100 gr. de noces (sen remollar)
  • 5 ou 6 tomates deshidratados (sen remollar)
  • 1 dente de allo
  • 1 chisco de sal

Triturar tódolos ingredientes na picadora.

___________________________________________________

Andrea Vegabreu (2)

Son Andrea Vegabreu. Muller-toxo, tradutora, intérprete e alquimista vegafeminista apaixonada da cociña 100% vexetal, silvestre e creativa. Biodanzante namorada do swing, a(r)tivista e tecedora doutros mundos posibles alén do arco da vella.

https://www.instagram.com/vegabreu/