O domingo 15 de outubro de 1916, nos xardíns de Méndez Núñez, ante numerosísimo público, descóbrese a escultura dedicada a Emilia Pardo Bazán.
Desde entón converteuse nun fermoso pano de fondo onde fotografarse, e de paso deixar constancia do devenir deste último século.
Dícese que as mulleres desta Marineda –a nosa cidade, á que ela lle deu este nome- tiñan o costume de irse facer retratos ao seu carón, como se Emilia fora a súa madriña, buscando o seu respaldo.
Quixeramos contrastar esta historia.
Quen posa diante do monumento?
Na Casa-Museo Emilia Pardo Bazán QUEREMOS o maior número de fotografías que teñan a escultura como fondo.
Desde 1916 ata hoxe.
Con elas darémoslle forma a unha exposición onde toda a cidadanía (coruñesa, galega, española, internacional) poderá verse reflectida.
Se ademais houbera a fortuna de posuír algún elemento que aparece nas fotos, esta conexión pasado-presente sería todavía mais completa.
Na Casa-Museo recollemos, dixitalizamos e devolvemos TODAS as fotos que nos traian.
Tamen pódense enviar ao correo electrónico casamuseoepb@academia.gal
Condicións de dixitalización: 400 ppt + tamaño folio
Data limite de entrega: venres 19 de agosto 2016
Queremos coñecer: Nome Prestador/a – Ano – Breve explicación –
E que nos dean permiso para reproducilas, claro.
ANTICIPAMOS AS GRAZAS POLO SEU ESFORZO NESTE FELIZ VERÁN.
PREGÁMOSLLE QUE NOS AXUDE A DIFUNDIR ESTA EXPLORACIÓN.