Chantal Akerman: cineasta de culto, muller e transgresora.

Seminario monográfico . Cursos de verán 2016 USC

Este seminario, que terá lugar o 28 e 29 de xullo, propón un percurso biofilmográfico que ubica a súa cinematografía na converxencia do feminismo cos novos cines europeos e co cine experimental americano. Ao mesmo tempo, destaca a multidisciplinariedade da autora e, especialmente, a viaxe da súa obra desde a grande pantalla ás videoinstalacións en espazos tradicionalmente reservados ás artes plásticas.

Mais información AQUI