Centro Social Autoxestionado A Comuna – Rúa do Polvorín, 35 A Coruña

A finalidade deste evento e destas proxecións variadas é a reflexión en grupo dos múltiples sistemas creados baixo políticas aplicadas ao control do corpo, sexa pola manifestación do seu desexo, na súa identidade, no seu xeito de vivir, na súa autodeterminación, etnia, clase social ou filosofía sociopolítica de acción social.

Todas estas representacións e denuncias, que poderemos debatir nestes dous sábados (obradoiro do sábado 3 e visionado dos documentarios do sábado 10) son unha pequena reflexión dun amplo e complexo sistema social, que atravesa ao ser humano en todo o mundo, coarta e extermina as persoas negando o seu dereito de autodeterminación como individuo e/ou grupo.

SÁBADO 3 DE DECEMBRO: obradoiro e reflexión con pastel de pan e té

SÁBADO 10 DE DECEMBRO: visionado de documentarios e faladoiro