de Ana Fernández

Foto: “Sangre sagrada” de Elisa García de la Huerta

Sentín medo

ao verte tendendo a roupa o sol

entre todo este verde.

De abandonarme a non ser

ao verte como te vexo eiquí

e cos feminismos lonxe vitoreando, outros desexos.

Foi rabia, o medo,

e foi estar farta

nesta casa que é pero tamén non é a miña

baixamos pola pista

e ti falas e falas,

e eu pregúntome se este estar así,

farta de alimentar un silencio cómplice,

terá borrado o meu sorriso.

Ou se ti chegaches a velo sequera

ou se sabes que estou adoecendo

por xuntalo

co teu.

_____________________________________________________________________

Ana Fernández

Son Ana e gústame escoitar historias, as veces escribilas. Vivo na Coruña a ratos e a ratos en
Granada, Santiago ou Portugal. Os feminismos son pra min unha revolución que brota do
miudo para arramplar con todo, deconstruir para reconstruir dende o placer e o amor coletivo,
estar atentxs a escoita e coidar uns dxs outrxs. Coma dixo algunha por ahí: Se non me fai rir
prefiro non seguir.