É imposíbel ser obxetiva cando unha foi presa do amor romántico

paridora_de_luz

“Paridora de luz” de Elena Agrelo

de Elena Agrelo

Os contos que lin de meniña falaban do mesmo: “mozo coñece moza […] e comeron perdices” máis a trampa do amor romántico descubrina de grandiña.

” Era unha vez a túa vida, na que ti eras a carne na fonte.

– Entrégalle a vida, te dixeron – Que sexa feliz, ti mellor esta caladiña”.

Foches presa dos sátiros acomplexados e tristes que as agochadas sacoden a gaita soñando peitos que non saberán bicar endexamais…”

E o conto segue; pois os nosos corpos, fogares da vida, segueran a ser profanados diariamente baixo a promesa do amor eterno, dende cativas somos programadas para fornecer de entretemento ós engrenaxes do capital co alento quente dos nosos corpos, modeladas para seren distracción dos pesares e das feridas de clase . Máis nós, escravas dos sentimentos, non comeremos perdices mentres entreguemos sexo por amor.

Compostela, 22-01-2015