O grupo de Experiencias Feministas da Pardo Bazán coa colaboración do Concello da Coruña e da Casa Museo Emilia Pardo Bazán están a argallar unha feira de iniciativas e proxectos persoais, laborais e sociais para colectivos, organizacións e persoas individuais a traballar especificamente ou como parte do seu traballo gobal desde a perspectiva feminista, de igualdade e contra as violencias machistas.

A feira terá lugar o Sábado 26 de novembro das 10:00 ás 22:00 no Mercado de San Agustín na Coruña, e contará coa colaboración da Concellaría de Igualdade e Diversidade.

Para mais información visitar o seu blogue www.experienciasfeministas.wordpress.com