Dende o colectivo de facilitación de grupos 4Espazos promóvese o obradoiro  “Poder, Xénero e Feminismo: transformando as relacións e coidados nos grupos” que terá lugar o 21 e 22 de Xaneiro na Coruña.

Esta formación está dirixida a todas as persoas e colectivos interesados en mellorar a conciencia persoal e colectiva sobre este tema, en como afecta as relacións e dinámicas dos grupos e na melllora do seu clima e funcionamento.

O obradoiro ten un carácter teórico-práctico que abordará os seguintes contidos:

  1. Xénero, poder e privilexios.
  2. Os Coidados: (re) definición, xestión e integración dos coidados nos grupos.
  3. Unha ollada feminista á facilitación e xestión de grupos.

Mais información en http://4espazosfacilitacion.blogspot.com.es/