13730816_1089331171141795_1907940715958114174_o

Obxectivos:

  • Coñecer a importancia do xénero, as estéticas, a orientación sexual e a identidade de xénero na dimensión individual, grupal e comunitaria. Así como abordar a resiliencia identitaria, a expresión de afectos e a xestión amatoria no desenvolvemento persoal e colectivo das mulleres e persoas LGTBI do rural.
  • Profundar nas diferentes formas de violencia de xénero e de bullying LGTBIQfóbico. Así como as sucesivas formas de colonizar e agredir o medio rural.
  • Asumir estratexias prácticas para aplicar os feminismos na realidade educativa da vida rural dende unha óptica freireana.
  • Afondar nos procesos de vulnerabilización, estigmatización e cousificación da diversidade afectivo-sexual nos contornos rurais.
  • Comprender as vantaxes e beneficios da praxe coeducativa dende un enfoque emancipatorio, intercultural e non urbanita.

Metodoloxía:

Esta acción formativa baséase na aprendizaxe cooperativa. A metodoloxía didáctica presentada busca a participación activa en base á problematización de casos e á deconstrucción de ideas previas. Para esta tarefa farase uso de técnicas educativas colaborativas como son o videofórum, os grupos de discusión e role-playing; ademais xeraranse mapas conceptuais e brainstorming buscando en todo momento a creatividade colectiva. Nos catro bloques temáticos expostos mesturarase o formato palestra-debate con diversos obradoiros.

Profesorado:

Isabel Álvarez Fernández: Licenciada en Tradución e Interpretación. Mestrado en Cooperación para o Desenvolvemento. Formadora de formadoras en educación afectivo-sexual. Promotora de Igualdade de xénero. Docencia da formación profesional para o emprego. Experta en ecofeminismos.

Ángel Amaro Quintas: Licenciado en socioloxía. Mestrado en Investigación Educativa. Posgrao de Experto en infancia e Xuventude en Risco social. Certificado de Profesionalidade de Docencia da formación profesional para o emprego. Membro do Grupo de Educación no Rural de Nova Escola Galega. +info: http://coeducacionrural.blogspot.com/