O 30 de Xuño ás 20h30 no Ensalle Teatro de Vigo contaremos cunha ollada ao problema da islamofobia e a xenofobia, dende unha perspectiva de xénero.

A palestra correra da man de Brigitte Vasallo feminista anti-racista, mediadora intecultural, periodista colaboradora habitual de medios como Eldiario.es, Diagonal , Pikara. E que na palestra nos mostrará a súa perspectiva dende o activismo pola visibilización do feminismo islámico e contra a discriminación racial.

Máis información: http://perderelnorte.com/