de Lila de Lilith.

Tania Merelas. Editorial Embora 2017

comezardesdecero Este libro, da educadora social feminista Tania Merelas, inaugura unha nova colección  na Embora, Feminismo ou Barbarie, a que parabenizamos pola iniciativa. Libro totalmente recomendábel que aborda a recuperación de mulleres vítimas de violencia machista desde un paradigma diferente ao habitual. Contextualízanse, cunha sólida base teórica, as violencias machistas como eixo vertebrador das sociedades patriarcais abordando as múltiples dimensións que as conforman. A autora parte da experiencia da Casa Malva de Xixón, e do traballo directo con mulleres supervivintes, que se rebelaron. Enfoca nas súas fortalezas individuais e colectivas, nos seus desexos, nas súas necesidades e planta cara aos maltratadores e ao machismo. O libro conta coas fermosas ilustracións de Lucía C. Pan, moi acaídas ao tema. Está prologado por Belén Caballo Villar e por Ana Sánchez Bello, e ten epílogo de Lola Ferreiro. A autora, Tania Merelas, forma parte do colectivo Fiadeiras, dentro do Colexio de Educación Social.

_____________________________________________________________________

Libraría de Mulleres Lila de Lilith
981571469
Rúa Travesa nº 7, Santiago de Compostela
facebook: lilithmulleres
Horarios da Libraría:
luns 17 a 20:30h
martes a venres: 10:30 a 13:30 e de 17 a 20:30h
sábados: 10:30 a 14h