da Libraría Lilith de Compostela

Machismos: de micro nada. Coordinado por Fiadeiras. Edicións Embora, 2015.

¿Existe o machismo “micro” e o machismo “macro”? neste libro colectivo abórdase o tema desde a imaxe e o texto, desde o humor e a seriedade, desde a poesía e o ensaio, desde a experiencia e a contextualización teórica. Parécenos un bo xeito de achegármonos ao tema.

Fiadeiras, o grupo de traballo feminista dentro do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia pediu unha serie de colaboracións arredor do concepto “micromachismos”. O resultado é un libro  colectivo onde se recollen diversas propostas e onde xa, desde o título, comezamos por nos cuestionar o concepto de MICROmachismos, que de micro non teñen nada!

Participan no libro: Lucía Aldao, Pablo Andrade, Leo Arremecághona, Isaac Castro Neira, Luís Davila “O Bichero”, Eva de la Torre Conde, Mª dos Anxos García Fonte, Clara Gayo, Manuel González Prieto, Mai Insua, Tareixo Ledo Regal, Juanjo Lorenzo Castiñeiras, Andrea Nunes Brións, Sabela Núñez Singala, Ana María Pérez Rico, Patricia Porto Paderne (a Lileira), Sofía Riveiro Olveira, María Rosendo Priego, Xulia Santiso Rolán, Maite Sío Docampo, Gema Zunzunegui Lamas, Olalla López Barro, AS Quetas, asociación Nós mesmas, Sacha na Horta, con prólogo de Ana Iglesias Galdo e epílogo de Lola Ferreiro Díaz.

O enlace ao blogue de Fiadeiras: http://fiadeirasceesg.blogaliza.org