de Lucía F. López Pérez

Podo deixarme invadir por un grande absurdo

Podo deixar que a indescriptible anguria da incertidume asole en min por momentos.

Podo deixarme empurrar por sentimentos de evasión

Podo negarme a aceptar a realidade

Podo victimizarme e finxir carecer de expectativas

Mais prefiro aceptar meu poder.

Poder de saberse líder da vida.

Poder de sentir marabillas cada día

Poder de entregarme á risa franca e honesta

Poder de rebelarme cando sinto que teño que facelo

Poder de querer e que me queiran moito

Mais… poder,podo poder.