O 29 de xuño en ” Lilith MulleresBrigitte Vasallo presentará o seu libro Porno Burka.

Escritora, periodista a, feminista anti-racista, activista contra a islamofobia de xénero, defensora das relacións non-monógamas e inclusivas como forma de resistencia política. Brigitte Vasallo explica “os meus intereses móvense polas fronteiras e os seus conceptos. Fronteiras físicas, culturais ou mentais, divisións de xénero, límites identitarios e demais inventos. Os meus heroes e heroínas son, por tanto, seres valentes que foron capaces de pasarse as fronteiras polo forro; grazas a elxs, moitxs de nós hoxe somos, se non máis libres……si máis felices.”

“ A novela comeza cunha declaración de odio: Cágome na dignidade! para pór en xaque a nosa multiculturalidade, a nosa supereducación, o noso civismo, a nosa sexualidade e as nosas pastillas homeopáticas, e reducilas ao que son: un feixe de contradicións, dramáticas e cómicas, dependendo de se ocórrenche a ti, ou ao próximo.” Marta Detalle

Máis información sobre Brigitte Vasallo e Porno Burka: http://perderelnorte.com/