Un ano máis GALIZA ENTENDE propón a súa actividade con motivo do DÍA DO ORGULLO LGBTI.

HABEMUS QUEDADA LÉSBICA !!!! Pero será unha quedada un pouco distinta, será a nosa primeira quedada lésbica nun venres.

Non queremos colapsar as xornadas do sábado 25 nas que en A Coruña e en Vigo teñen programado unha serie de actividades tales como manifestacións, etc.
~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~

Polo tanto, a QUEDADA LÉSBICA POLO DÍA DO ORGULLO será o vernes 24 en Santiago de Compostela

* No bar GAIOLA (Rúa Bautizados) as 22:00h, para xuntarnos e tomar algo ou cear.
* No pub O CURRUNCHO (Rúa Entremuros) as 23:30h, e ate que os corpos aguanten.

~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~

E por que lle chamamos quedada lésbica e non “quedada de mulleres que teñen relacións con mulleres”? Pois porque é máis corto o nome e xa de paso por darlle visibilidade.

Non queremos discriminar a ninguén neste encontro. Só queremos atoparnos todxs nun espazo no que, en concreto as mulleres lésbicas se atopen cómodas, pois durante todo o ano atopamos dificultades para que así sexa, pero iso non exclúe a asistencia de outras orientacións sexuais ou de homes. En resumo, TODAS E TODOS SEREDES BENVIDOS!!!!

~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~

En canto ao aloxamento, xa que un bo número de mulleres vindes dende outras cidades e solicitades información sobre hospedaxe, as nosas recomendacións son:

– Hospedaje San Roque: Rúa do Hospitaliño con telfs de contacto 664 24 20 28 , 626 754 480

– Pensión Badalada: Rúa de Xelmirez, 30 ,telf 981 57 26 18
http://www.badalada.es/

– Pension Girasol: Rúa Porta da Pena, 4
http://www.hgirasol.com/tarifas.html

– Pensión Abrente: Rúa de San Pedro de Mezonzo, 46 .Tlfno : 633 69 48 44
http://www.hostalabrente.esmiweb.es/_movil/

~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~

DIFUSIÓN!! Cantas máis seremos…mellor o pasaremos!!!!!