de Henar Lomba

O fascismo está presente aquí e agora, mirabamos de reollo sen querer recoñecelo, nin sequera nomealo, non fora a ser que o simple feito de chamalo polo seu nome o fixera crecer. Non funcionou.

Nesta peza confronto a mensaxe coa forma elexindo o lettering como vehículo. Como inspiración o Fileteado Porteño, un estilo clásico de rotulación que serve para situar a mensaxe no seu lugar, a cociña, dende onde puidemos argallar a resistencia.

Entre caldos, cafés e biscoitos organizamos os nosos feminismos e levámolos despois ás rúas, de onde non imos permitir que os saquen nunca máis.

Bo proveito compañeiras!

______________________________________________________

retrato

Deseñadora gráfica e artista do lettering baixo a marca @HenarAtelierCreativo onde se crea coidando os valores do feminismo, veganismo e o amor polas raíces.

Facebook e instagram: @HenarAtelierCreativo

www.henarac.com