de Libraría Lila de Lilith

Palabra de bruxa

Palabra de bruxa. Andrea Barreira. Galaxia (2018)

Berenice é acusada de bruxería pola inquisición…ao longo do xuízo asistimos ás acusacións por bruxa, por sabia, por libre, polo seu papel na comunidade… e imos descubrindo a súa vida. Moi recomendábel!

Moxie

Moxie. La Revolución de las chicas. Jennifer Mathieu. Cross books (2018)

Narrativa feminista para mozas e mozos. A pesares do contexto de filme ianqui de instituto, vemos como as mozas poñen nome aos machismos e se recoñecen e organizan para mudar a situación. Dá moitas ideas prácticas de empoderamento! 😉

feminismoseliteratura

Feminismos e literatura infantil e xuvenil en Galicia. Montse Pena Presas. Laiovento 2018

Montse Pena Presas, especialista na literatura infantil e xuvenil galega e nas súas interaccións co feminismo, vén de publicar unha adaptación do seu traballo de investigación sobre o tema.

_______________________________________________________________________

Microfísica-sexista-del-poder

Microfísica sexista del poder. El caso alcásser y la construcción del terror sexual. Nerea Barjola. Prólogo Sivia Federici.Virus (2018)

Estudo sobre a violencia de machista que pon o foco no papel dos medios de comunicación cando transmiten casos de violencia e as repercusións que isto ten nas mulleres que reciben a información.E xa avisamos que non é a de empoderar e estimular cambios…

_______________________________________________________________________

ocorpodecristo

O corpo de cristo. Bea Lema. Deputación da Coruña XII Premio de Banda deseñada. 2018

Gañadora do XII Premio de Banda deseñada Castelao no 2017. Conta desde a visión dunha nena a relación que mantén coa súa nai, que ten unha enfermidade mental. A pesares da dureza do tema, non é un “dramón” e, malia o que puidese parecer, non ten moita relación coa relixión… Orixinal e moi recomendábel.

vermella_capa

Vermella. Sabela Cortizas, ilustracións Minia Regos. Baía Edicións. 2018.
Gañadora do I Premio Fina Casalderrey de literatura infantil pola igualdade.
Un conto galego para meniñas e meniños onde se fale do ciclo menstrual? Si, aquí hai un. Parece que comezamos a superar tabús e a que tamén aparezan na literatura infantil. Benvida esta proposta!

Imparables

Imparables. Feminismos y LGTB+. pandora Mirabilia, Mar Guixé. Astronave (2018) Ensaio gráfico sobre feminismos e LGTB+
Manual práctico, ilustrado, con referencias bibliográficas, autoras, filmes, etc. da necesaria conxunción entre os feminismos e a loita LGTB+

_______________________________________________________________________

logo_lila

É unha libraría de mulleres, feminista, que aporta bibliografía de mulleres autoras, especialmente en narrativa, poesía, infantil, banda deseñada, e ensaio en temas especializados cruzados coa perspectiva de xénero: economía, saude, sexualidade, historia, etc. Programamos cursos e actividades, ademais dos lanzamentos de libros, música, teatro, etc.

 liladelilith@gmail.com

@LiladeLilith

Rúa Travesa nº 7 15704 Santiago de Compostela   tel: 981 57 14 69