O Taller Aberto é a ocasión de abrir un espazo creativo á cidade e ao barrio.

Este ano 2016 contaremos coa obra e a mirada de mulleres artistas-mestras, teremos a oportunidade de desfrutar das súas obras e conversar sobre esa dualidade creadora-educadora.

Agardámoste do 16 ao 18 de decembro!

Venres 16: abrimos as portas de 17,00 a 20,00 horas

Sábado 17:

  • de 11,00 a 14,00 horas Taller Infantil Aberto “mirada de artista”
  • as 18,00 horas Café-conversa: “Ser muller artista-mestra”
Domingo 18: portas abertas de 11,00 – 14,00 horas e de 17,00 – 20,00 horas
No tallerdepolo, Monte das Moas 17 – baixo – Os Castros, A Coruña
tallerdepolo@hotmail.com – 617 293 024 – tallerdepolo.blogspot.com