Feminismos e deporte

INEF (Oleiros), venres 16 de decembro (pola tarde) e sábado 17 de decembro (pola mañá).

Nestas xornadas debaterase e reflexionarase sobre o deporte de élite, o deporte mediático e a súa presencia nos medios de comunicación como elementos do patriarcado que perpetúan as desigualdades entre mulleres e homes (os estereotipos de xénero, as normas diferenciadas, o reforzo da estética femenina, vestimenta, disciplina, limitacións, etc). Pero, sobre todo, queremos poñer o foco no deporte como ferramenta para o empoderamento e emancipación das mulleres, analizando aspectos como a xestión do noso corpo, a nosa mobilidade, a nosa liberdade, a saúde, o desfrute e o benestar social.

Axuntamos o cartaz-programa, esperando que poidades acompañarnos ese día, ou que fagades difusión entre as persoas que poidan ter interese en asistir.

A inscrición é gratuíta, inscribíndose previamente (enlace ao formulario de inscricións)

FIADEIRAS
Endereço: Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia R/ Lisboa, 20 – Baixo C 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)
Tel.: 981 55 22 06| Fax:981 93 82 74