Este curso de verán da Universidade de Santiago de Compostela terá lugar do 12 ao 15 de xullo de 2015 en Lalín (Pontevedra).

O desenvolvemento afectivo-emocional e sexual das persoas, o descubrimento do propio corpo, o coñecemento e expresión das emocións e sentimentos, a capacidade de verbalizalos mediante a adquisición de conceptos e criterios reflexionados e responsables, contribúen de xeito eficaz á mellora da autoestima, da intelixencia emocional e da autonomía, así como á construción das identidades sexuais desde o respecto e a liberdade. A educación afectivo- emocional e sexual con enfoque de xénero, moitas veces esquecida no currículo educativo, é fundamental na formación da personalidade, influíndo positivamente na calidade de vida, na adquisición de hábitos básicos de saúde e benestar, na vivencia do pracer sexual e na consecución da felicidade e, en último termo, na loita contra a violencia machista.

As oradoras participantes son Alicia Puleo, Rosa Sanchís Caudet, Jose Ignacio Pichardo Galán, Lucas Platero Méndez, Kika Fumero, Beatriz Gimeno Reinoso, Alba Permuy Martinez, Ritxar Bacete González, Ana de Miguel Álvarez, Silvia Pérez Freire, Mabel Lozano, Iván Sambede Baquerín, Carme Adán Villamarín, Alicia Murillo e Mª Elena Simón Rodríguez

Para mais información http://www.lalin.gal/igualdade