de Helena Sanmamede

Para Facenda as “autónomas” son divididas en dous grandes grupos: Empresarias e Profesionais. Esta distinción implica diferenzas nas obrigas fiscais a efectos do IRPF (Imposto da Renda das Persoas Físicas). No grupo das Profesionais imos englobar tamén as Artistas.

Comecemos polas Profesionais que poden desenvolver actividades tales como: enxeñaría, medicina, comercial, artística, … Cando as Profesionais emiten unha factura a outra profesional ou empresa,  esta deberá levar retención. Así se tiñamos previsto percibir, por exemplo, uns honorarios de 100€ ao restar a retención do 15% (15€) quedan para levarmos ao peto 85€! Entón que acontece cos meus 100 euros? Onde van os 15€ que me restan por cobrar? A resposta está en Facenda, que é a que os cobra por nós. Facenda é o órgano encargado de cobrar os impostos e outros tributos para financiar os gastos do Estado. Un deses impostos é o IRPF, do que se fai a declaración da Renda unha vez ao ano. Pero o Estado non pode esperar un ano a cobrar para ir pagando todos os desembolsos que se lle presentan, así que nos vai cobrando aos poucos en forma de retencións, entre outras cousas. O que estamos a facer, con esa retención da nosa factura, é anticiparlle impostos ao Estado ao longo de todo ano; factura a factura. E cando chegue a época de facer a declaración da Renda, é cando facemos contas con Facenda e vemos se adiantamos de máis (co cal nos sae a declaración a devolver) ou se nos quedamos escasas (co cal teremos que pagar).

Dende o meu punto de vista, o sistema é totalmente inxusto, posto que somete a unha presión fiscal desmesurada ás Profesionais. Ademais, marcando unha porcentaxe fixa de retención, incúmprese cos principios da Lei Xeral Tributaria de “xustiza, xeneralidade, igualdade, progresividade, equitativa distribución da carga tributaria”.

[Continuará]

 

Mais información en Étikas

_____________________________________________________________________

Helena Sanmamede Maneiro

sepia-pequenaMalabarista bici-pessoa do circo a tres pistas da asesoría fiscal, autoconstrución, formación, feminismo, consumo responsable, cultura, linguas, galeguismo, deporte, medio ambiente, finanzas éticas… Sempre aprendendo. Sempre medrando.

Este site usa cookies próprios e de terceiros para o seu correto funcionamento e fins analíticos. Ao clicar no botão ACEITAR, você concorda com o uso dessas tecnologias e o processamento de seus dados para esses fins.   
Privacidad