de Helena Sanmamede

Tanto se estás dada de alta na Seguridade Social como traballadora autónoma (e pagas as cotas de autónomos) como se non, no momento que vendes un ben ou prestas un servizo a ollos de Facenda estás a realizar unha actividade empresarial ou profesional. O cal implica o pago de impostos dende o primeiro euro. Un deses impostos é o IVE.

Existen varios mitos en torno a este imposto, como o dos 3.000€ (ver Capítulo II). Outro é o da exención das actividades de ensino; cuestión falsa parcialmente: sen afondar demasiado, podemos dicir que están exentas as actividades de ensino que estean recollidas nalgún plan oficial de estudos e non teñan unha finalidade lúdica se non a de incrementar os coñecementos do alumnado no académico e/ou laboral.

O imposto do IVE calcúlase por norma xeral nun 21% sobre o prezo de venda. Non perdamos de vista este importe, porque é a norma na meirande parte das transaccións. Os tipos reducidos e as exencións son as anomalías e hai que miralas con lupa antes de aplicalas. O feito de non escoller o tipo de IVE axeitado nas nosas facturas é a nosa responsabilidade e, en caso de errar, pode ser sancionable.

No momento que facemos e entregamos un documento que se chame “factura” temos obriga de declarala a Facenda e pagar os correspondentes impostos. E ten que haber sempre un paso previo que é o de “darnos de alta” en Facenda (ver Capítulo II).

Tamén temos obriga de facer as facturas correctamente. Os datos mínimos son: data, os nosos datos e os da clienta (nome e apelidos, enderezo fiscal, NIF), concepto o máis detallado posible do ben ou servizo, prezo de venda (base impoñible), % de IVE aplicado, importe do IVE, total da factura.

E cando interrumpas a actividade, lembra darte de baixa!

[Continuará]

_____________________________________________________________________

Helena Sanmamede

Helena Sanmamede Maneiro. Malabarista bici-pessoa do circo a tres pistas da asesoría fiscal, autoconstrución, formación, feminismo, consumo responsable, cultura, linguas, galeguismo, deporte, medio ambiente, finanzas éticas… Sempre aprendendo. Sempre medrando. www.etikas.org

Este site usa cookies próprios e de terceiros para o seu correto funcionamento e fins analíticos. Ao clicar no botão ACEITAR, você concorda com o uso dessas tecnologias e o processamento de seus dados para esses fins.   
Privacidad