de Andrea Vegabreu
FETA DE AMÉNDOAS
- 300 gr. de améndoas remolladas e peladas (deixar a noite anterior a remollo)
- 3/4 vaso de auga
- 1/2 vaso de olivas ou tomates secos (xa rehidratados)
- 1 culleradiña de pel de limón relada
- Zume dun limón e medio
- 2 culleradas de cebola en pó
- 1 chisco de sal
- 1 chisco de pementa
- Opcional: 1 chisco de aneto (eneldo), tomiño limoeiro ou alfábega fresca
Triturar as améndoas coa auga ata conseguir unha mestura homoxénea. Engadir o resto de ingredientes e mesturar. Verter sobre un coador e tea de gasa. Escorrer o exceso de auga, prensar e deixar na neveira cun peso enriba, preferiblemente dun día para outro.
Podemos facer distintas combinacións de sabores, por exemplo:
– Olivas verdes e tomiño limoeiro
– Olivas negras e aneto
– Tomate deshidratado con alfábega
_____________________________________________
PARMESANO DE NOCES E TOMATE DESHIDRATADO
- 100 gr. de noces (sen remollar)
- 5 ou 6 tomates deshidratados (sen remollar)
- 1 dente de allo
- 1 chisco de sal
Triturar tódolos ingredientes na picadora.
___________________________________________________
Son Andrea Vegabreu. Muller-toxo, tradutora, intérprete e alquimista vegafeminista apaixonada da cociña 100% vexetal, silvestre e creativa. Biodanzante namorada do swing, a(r)tivista e tecedora doutros mundos posibles alén do arco da vella.