por Ester (EO) Proxecto Xerminando

O empoderamento de facer as cousas ti mesme e non depender do sistema imposto para todo é, entre moitas outras cousas, unha forma de liberación. Pero ese é un longo camiño de deconstrucción que, como outras loitas, é mellor facer en colectividade.

Dende Proxecto Xerminando unimos esas dúas palabras “autosuficiencia” e “colectividade” que, a priori, semellan contradictorias, para crear un termo que cremos que define o que pretendemos facer, difundir e facilitar…

A autosuficiencia non pode ser individualista.

Non podemos pretender aprender a facelo absolutamente todo e ademais aprendelo pola nosa conta. Precisamos empoderarnos en colectivo e crear rede para satisfacer as necesidades unhas das outras. Unha suma de capacidades que contribúen á diversidade necesaria para a propia sostibilidade da autoxestión. Permite unha interdependencia máis horizontal e escollida segundo os valores que queremos apoiar.

Modelos de xestión máis pequenos e descentralizados serán máis resilientes. Fronte ao cambio climático e fronte ao sistema económico. A autosuficiencia ten que ir da man da sostibilidade.

Cal é a nosa contribución á autosuficiencia colectiva?

· Compartillar as nosas ferramentas de autoxestión a través de obradoiros de comprestelas, de xabóns… Mostrando a nosa habilidade de atopar formas de vida alternativa, económica, ecolóxica… baseada en ver recursos onde se ven refugallos.

· Ofrecer os produtos froito da nosa propia autoxestión para facilitarnos a vida. Elaborados só a partir de materiais reutilizados. Compresas de tela, bragas-compresa, discos de lactancia, bolsas para granel, non-papel hixiénico… todo aquilo non adquirible de segunda man.

· Ir buscando a satisfacción do resto das nosas necesidades na nosa colectividade máis achegada e divulgar os achados. Queres formar parte desta rede ou contribuír a mapeala? Para simplificar esa autoelaboración e manter un consumo cero creamos o Laboratorio de sostibilidade de Proxecto Xerminando do que tamén podes participar.

Queres escribirnos sobre que o que che gustaría que falásemos nos seguintes números?

Ti tamén estás neste camiño e prefires facelo en compaña? Escríbenos!


Son Ester (Eo) e comecei Proxecto Xerminando para aportarlle á sociedade e a natureza.

Contacto: proxectoxerminando@gmail.com

Facebook: Proxecto Xerminando

Instagram: proxecto-xerminando


Este site usa cookies próprios e de terceiros para o seu correto funcionamento e fins analíticos. Ao clicar no botão ACEITAR, você concorda com o uso dessas tecnologias e o processamento de seus dados para esses fins.   
Privacidad