Sábado 6 de fevereiro à12.00 horas via Zoom.
Começamos o 2021 à grande com um novo Cafezinho Revirado, dedicado a Maternidades Rebeldes, Maternidades Feministas.
Estarám connosco as autoras de dous artigos da Revirada: Sara Martínez Bello, autora de Libres e Soberanas (Terra, Pele e Auga, n.7 https://reviradafeminista.com/libres-e-soberanas/) e Mónica Rodríguez Vázquez de Materfem (Maternidades Feministas Galegas), autora de Maternidades Irritantes (Há um elefante na sala, n.6 https://reviradafeminista.com/maternidades-irritantes/).
Por que maternidades rebeldes? Por que maternidades feministas? Aqui umhas reflexons para abrir o debate: “Que significa traer a unha crianza a este mundo? Que implica? Onde nos sitúa a todas? Como cambia a percepción das mulleres que son nais? Son posibles as complicidades nun contexto neoliberal do sálvase quen poida? Que nos pon a categoría “nai” enriba e como podemos saír dela para nomearnos e vivir como queiramos?
A maternidade é proceso historicamente secuestrado, dende o embarazo ata a propia crianza. Pasamos dunha mirada patriarcal e expropiada do feito de xestar e criar, sumindo e acotando a vida das mulleres, a unha especie de limiar de imposición que, ao tempo que se sigue considerando o “destino da muller”, se rexeita e invisibiliza, se quita voz e corpo ao proceso, se nos di que temos que volver a ser as que eramos, volver traballar, saír como antes, que nai si, pero muller “liberada” tamén. (…) E quedamos en mans da misoxinia do sistema sanitario, tratadas como seres incapaces, ante o silencio e a complicidade, e dunha sociedade que maltrata e ningunea a mulleres e crianzas. Resignificar e acoller o que este proceso implica para as mulleres e as crianzas é urxente.”
Sara Martínez Bello“Se o espazo público, físico ou simbólico, non é acolledor para as crianzas, tampouco o é para as nais e iso vainos confinar de volta ao lugar que o patriarcado nos reservou: a casa, o privado máis unha vez”.
“Maternar desde esta perspectiva política, completamente diverxente da romántica neoliberal, faiche cuestionar aínda máis o sistema patriarcal capitalista porque reparas en todos os elementos que o fan incompatíbel coa vida, coa nosa condición de seres dependentes no nacemento e na vellez”.
“As mulleres feministas que somos nais, máis do que incomodar, irritamos a todo o mundo. Ás feministas non nais tamén.”
Mónica Rodíguez Vázquez – Materfem (Maternidades Feministas Galegas)
O evento será em formato virtual através da plataforma Zoom:
Link de acceso
https://us02web.zoom.us/j/84054145099
ID da reunião: 840 5414 5099
Por favor, descarregue o programa no seu dispositivo previamente à reuniom e comprove que o aúdio e microfone estam a funcionar.
