por Helena Sanmamede Maneiro (escola de formación Étikas)

Como falabamos no capítulo anterior, hai determinados ingresos que, pola súa consideración fiscal, non teñen que documentarse obrigatoriamente nunha factura e podemos empregar un recibín.

Sabes como se confeccionan estes documentos?

FACTURA

Por estar reguladas por lei, teñen uns requisitos mínimos que deberemos cumprir para que sexan válidas, tanto para quen as emite como para quen as recibe. Se non son correctas, tampouco son deducibles os gastos.

Información mínima: nome completo da persoa ou sociedade que emite a factura (non o nome comercial), enderezo fiscal de quen emite a factura, NIF de quen emite a factura, data de emisión da factura, data de entrega (se fose diferente da de expedición), número de factura, descrición do ben ou servizo que se factura, importe da base impoñible, tipo de IVE que se vai aplicar, importe do IVE resultante, importe total da factura, nome completo da clienta persoa física ou sociedade (non o nome comercial), enderezo fiscal da clienta, NIF da clienta. Cando están exentas de IVE, cómpre facer referencia ao motivo e ao artigo da lei de IVE que regula esa exención. Cando se trata de facturas rectificativas, cómpre facer referencia ás facturas rectificadas. Cando se trata de facturas simplificadas (tíckets), non é necesario incluír os datos da clienta, o importe do IVE nin a base impoñible, mais si que debemos indicar “IVE incluído”, se é o caso.

RECIBÍN

Non teñen unha regulación propia, así que o formato é completamente libre. Porén, recomendamos recoller a seguinte información: nome completo, NIF e sinatura da persoa que recibe o pago, descrición do concepto, importe bruto do pago, 15 % de retención, importe resultante da retención, importe total a pagar, nome completo e NIF da persoa ou sociedade que realiza o pago por ter recibido o servizo.

O recibín nunca pode estar asinado por unha sociedade ou unha asociación, xa que estamos documentando ingresos que fiscalmente só se admiten para persoas físicas.

[Continuará]

___________________________________________________________

Helena Sanmamede Maneiro

Malabarista bici-pessoa do circo multi-pistas da formación fiscal e económica, acompañamento e asesoramento a entidades e autonómas, finanzas éticas, feminismo, consumo responsable, linguas, galeguismo, deporte, medio ambiente, bioconstrución… Sempre aprendendo. Sempre medrando.

www.etikas.org

Este site usa cookies próprios e de terceiros para o seu correto funcionamento e fins analíticos. Ao clicar no botão ACEITAR, você concorda com o uso dessas tecnologias e o processamento de seus dados para esses fins.   
Privacidad