por Ester (Eo) de Proxecto Xerminando
Tomamos moi en serio o de que o persoal é político. Así é que intentamos facer activismo con cada puntada e non dar puntada sen fío. Porque cada vez que non se inclúe a disidencia estase a excluír; cada vez que non se visualiza a diversidade estase a tornar invisíbel; cada vez que non se dá voz a grupos oprimidos estáselles a silenciar.
Porque se non facemos iso só estariamos perpetuando a norma.
Esta é outra das marabillas de facelo ti mesme. Ou de recorrer á autosuficiencia colectiva en círculos achegados ou “do rollo”. Que non tes que adaptarte á norma e podes moverte máis folgadamente na diversidade.
Ao mesmo tempo, apoias a quen apoia disidencias e traballa para tentar non perpetuar a norma.
O noso graniño de area é achegar variedade nos produtos para a menstruación.
– Ademais de adaptarnos ás diferentes necesidades con total diversidade nos tamaños e formas para non colaborar coa presión sobre os nosos corpos.
– A creación do CALZÓN PARA A MENSTRUACIÓN, porque non é tan fácil poñer unha compresa (sobre todo unha de tela) nun calzón e cremos moi importante que cada quen poida escoller a roupa interior coa que se sinta máis cómode.
Fixemos dúas versións de calzóns para a menstruación: aquela que simplemente ten botoeiras na entreperna para abotoar as compresas -específicas para calzóns-.
E aquela outra versión que ten as mesmas capas que unha compresas cosidas ao calzón.

binary comment
Gustaríanos explicar por aquí como facelo pero sería un moi posible desastre.
Quizais algún día faremos un titorial. O que seguramente faremos serán obradoiros para compartillar o noso xeito. Así que ficade ao tanto.
Nota: Palabras dende unha boca cis, aínda que en cuestionamiento.
_____________________________________________________________________________
Ester (EO) de Proxecto Xerminando
Son Ester (Eo) e comecei Proxecto Xerminando cando me din conta que a miña forma de vida podía ser de utilidade para a sociedade e a natureza.
Naceu grazas a toparme con outras persoas con fortes valores en común que deron forzas formando parte e dándolle credibilidade á insegura mente de becho raro e radical.
Agora somos varias nas diferentes áreas nas que se pode xerminar. Considerámolo un proxecto colectivo ao que te podes sumar máis activamente aínda que creas que non tes nada que achegar. Só compartir os valores de reducir a nosa pegada ao máximo sen deixar a loita social de lado.
IG / FB @Proxecto Xerminando