por PETRA Maternidades Feministas
As nais de PETRA Maternidades Feministas, ante a discriminación presentamos recurso.
Dende PETRA Maternidades Feministas presentamos o pasado venres 30 de xullo un Recurso Potestativo de Reposición contra a Resolución do 15 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia, na que presentan as bases reguladoras que rexerán como axudas á conciliación de vida familiar e laboral por redución de xornada de traballo como medida de fomento de conciliación e corresponsabilidade.
Logo de 15 anos establecendo esta medida, é claro que non logra o suposto obxectivo de fomento da corresponsabilidade, só 1 de cada 4 reducións de xornada en Galiza son para homes. Non se pode seguir dando a quen máis ten, a educación é o motor do cambio social, precisamos un modelo integral de coidados e crianza.
A nosa asociación traballa co obxectivo específico de representar os intereses das nais no período de maternidade e crianza.
Asumimos unha obriga de denunciar situacións de discriminación, como é o caso que nos ocupa sobre esta axuda da Xunta exclusiva para pais, e desexamos xerar un necesario debate social sobre as condicións nas que as administracións incentivan a corresponsabilidade e a conciliación, máis urxente, se for posible, no contexto actual.
En principio parécenos unha medida atinada ofrecer axudas públicas ás persoas que optan por solicitar reducións da xornada de traballo para atender as necesidades das fillas e fillos. Porén, na súa proxección incrementa a discriminación que pretenden solucionar. Non podemos perseguir a igualdade sen revisar a equidade, e cando falamos de poñer a vida no centro tampouco podemos quedar na esfera privada,
falemos tamén da corresponsabilidade social.
Somos unha asociación de nais feministas que loitamos por tornar visible a maternidade e por dotar de dereitos e recursos á crianza. Cremos no poder político do activismo das nais como ferramenta de transformación social. Maternar é político. En Galiza formamos grupo territorial propio a finais do ano 2019, organizámonos e iniciamos distintas acciónse actividade pasado o verán de 2020, temos presenza de socias galegas nas distintas provincias e traballamos en rede con outras plataformas e asociacións. Convidámosvos a todas a formar parte desta loita, queremos maternar con dignidade!
PROPOSTAS POLÍTICAS
PETRA Maternidades Feministas
A VIDA E AS MATERNIDADES NO CENTRO
A crise social e sanitaria puxo en evidencia a insuficiencia de medidas e partidas orzamentarias adicadas a protexer a infancia eacrianzanoestado.Dende PETRA, como asociación por unhas maternidades feministas, que-remos visibilizar a crise de coidados que, aínda que xa levaba tempo preo-cupando a diversos sectores do feminismo, fíxose agora máis patente que nunca.
Tamén nos preocupa que as respostas a esta crise volvan basearse na externalización de coidados como única solución (xa temos visto que ocorre cando este sistema falla) e non se promova o necesario cambio social e laboral que atenda asnecesidades reais da infancia.
É urxente dar resposta á diversidade familiar: monomarentais, numerosas, con proxenitoras do mesmo sexo, autónomas, migradas, racializadas, con diversidade funcional, vítimas de violencia machista, na economía infor- mal, sen cotización suficiente, etc… É preciso deter e reverter a vergonzosa taxa de pobreza infantil, asociada á pobreza das nais. Isto non será posible se, pola ausencia de dereitos e recursos, abócase ás mulleres a empobrecer- se aínda máis renunciando ao emprego, se non o perderon xa, collendo excedencias e reduccións de xornada que fan minguar aínda máis os seus ingresos, etc.
Por iso dende PETRA Maternidades Feministas propoñemos unha serie de medidas imprescindibles para a construcción dunha sociedade que real- mente poña a vida no centro.
Ingresos directos ás familias
Demandamos unha prestación universal por menor a cargo similar á de outros países europeos socialmente avanzados, imprescindible para cons- truir un sistema de protección á crianza realmente digno e non asistencialis- ta.
No seu defecto, ou ata que non se implemente esta medida, dende PETRA Maternidades Feministas solicitamos que a prestación por coidado do menor existente aumente o límite de ingresos para que se poidan acoller a ela un maior número de familias e tamén que a cuantía da mesma aumente para cubrir necesidades básicas deste coidado.
Permisos remunerados amplos
Seguimos demandando a ampliación dos permisos por nacemento e a súa transferibilidade. Agora máis que nunca cremos que as nais e os seus bebés deben ter unha especial protección e non se pode permitir que unha nai se incorpore ao emprego, deixando a un bebé de só 16 semanas de vida. Esta ampliación debería cubrir como mínimo os 6 meses que garantan o dereito á lactación materna exclusiva que recomenda a OMS. Ademáis, estes permisos deben ser universais, non deben estar condicionados a que a nai teña tempo cotizado nin teña emprego formal. A transferibilidade permitiría que cada familia se organice do xeito que mellor se adapte á súa situación.
Especial protección para familias monomarentais: a intransferibilidade da actual lei de permisos discrimina aos bebés de estas familias, que teñen menos dereitos que os das familias biparentais ao ter a metade de tempo de coidado.
Demandamos un permiso para a recuperación do parto e a protección da lactancia materna, con independencia dos permisos por nacemiento. A actual lei de permisos que iguala a pais e nais non ten en conta os procesos sexuais e reprodutivos das mulleres. Isto non permite a equidade e conleva unha enorme discriminación cara as mulleres, que somos as únicas que pasamos polos procesos de parto, postparto, puerperio e lactación materna.
Revisar os criterios para favorecer o paso das mulleres embarazadas e nais lactantes á situación de suspensión de contrato por risco para o embara- zo e a lactancia con reserva do posto de traballo, prestando especial aten- ción ao primeiro trimestre de embarazo, por ser o máis vulnerable.
Que las reduccións de xornada para o cuidado de menores coticen ao 100% durante todo o período que se solicite e que estas, xunto ás exceden- cias polo mesmo motivo, sexan remuneradas, adicando especial protección á crianza temprana de 0 a 3 anos.
Aumentar os días de permiso retribuído por enfermidade de filla ou fillo e polas obligacións derivadas do exercicio da maternidade no ámbito escolar.
Información e cumprimiento de dereitos
A creación e posta en marcha dunha rede de oficinas públicas de infor- mación e asesoramento sobre tódalas prestacións relacionadas coa mater- nidade, de forma unificada.
Erradicar a discriminación laboral de embarazadas e nais, reforzando a formación e competencias das Inspeccións de Traballo e dos Xulgados do Social, actuando con celeridade nestas situacións de especial vulnerabilidade.
Medidas laborais
Demandamos unha reducción da xornada laboral para toda a pobla- ción a 35 horas semanais. E a 30 horas semanais para traballadoras con menores de 12 anos a cargo, sen reducción de retribucións, para que sexa o emprego o que se adapte á vida e non ao revés.
Aumento dos dereitos das traballadoras autónomas ou con empregos precarios con menores a cargo, que en moitas ocasións non poden permi- tirse parar a súa actividade profesional nin os primeiros meses de crianza. .
Bonificar a contratación de persoal de sustitución para que as mulleres embarazadas e nais (traballadoras por conta allea ou autónomas) poidan acollerse aos permisos relacionados coa maternidade e crianza, sen ser discriminadas por iso.
O teletraballo e a flexibilidade a elección dos proxenitores pode ser unha opción, tendo en conta que non é unha solución válida para tódolos tipos de familia nin de empregos, e que non sempre é compatible co traballo de crianza.
Cambios a nivel social
Reclamamos unha revisión con mirada non adultocéntrica de tódolos espazos públicos, físicos e conceptuais, así como de horarios e tempos sociais.
Favorecer un cambio no sistema educativo, formal e informal, que teña en conta as necesidades da infancia, como o contacto, o xogo, o movemento, a experimentación, unha atención personalizada a través de ratios menores, espazos abertos, contacto coa naturaleza, patios inclusivos, …
Para PETRA Maternidades Feministas a crianza é un asunto que esixe corresponsabilidade social. Por iso instamos ás administracións e a toda a sociedade a ter en conta estas medidas.
Como nais feministas defendemos a transformación de este sistema patriarcal e capitalista para que non nos obrigue a elixir entre deixar ás nosas crianzas ou maternar dende a invisibilidade e a precariedade.
____________________________________________________________________________________________________________________
Vanesa Requejo García.
Politóloga, activista, feminista e nai de dúas crianzas. Enlace territorial galega de PETRA Maternidades Feministas.
A Asociación, non mixta e de ámbito estatal, PETRA Maternidades Feministas xorde a iniciativa dun grupo de nais feministas que, logo de ver ignoradas durante moitos anos as súas reivindicacións por un permiso de maternidade digno e máis amplo, se organizan en 2018 para mostrar o seu desacordo coa implantación dos Permisos Iguais e Intransferibles que entraron en vigor o 1 de xaneiro de 2021. A partir desa reivindicación inicial, elaboramos un conxunto de propostas políticas que reflicten o país no que queremos maternar. O noso obxectivo é facer valer os nosos dereitos e os das nosas crianzas, poder coidar e decidir como facelo en liberdade, segundo as circunstancias de cada familia, sen imposicións que favorezan os intereses do patriarcado e o capitalismo.
galicia@plataformapetra.com
persoal: vrequejogarcia@gmail.com // @maternarpolitico
IG: @petramaterfem
FB: PETRA Maternidades Feministas
Twitter: @plataformapetra
www.plataformapetra.com