por polo de tallerdepolo
Reproduzo unha estética coma a dos anuncios de beleza ao suxerir unha imaxe xeral de festa e alegría; para iso recorrín ao colaxe con imaxes de revistas, recortes de papel de cores, flores e unha combinación de textos que son frases sobre o desexo, a sexualidade, o poder, … do libro “Ética para Celia” de Ana de Miguel
Aparecen tres momentos da vida; a infancia e a vellez conectadas por unha xestualidade que nos fala de desexos e aspiracións; uns desexos do posible e outros o que non puido ser. E a mocidade en pleno desfrute, estampada na súa cruz (o reloxo), que ven sendo o seu carácter transitorio.
_______________________________________________
polo
Son artista e mestra no tallerdepolo onde dou talleres de pintura e debuxo para todas as idades. Levo adiante un Laboratorio creativo para mulleres que queiran explorar a súa dimensión artística e expresarse mediante a plástica. Tamén colaboro dende a actividade artística con tecido asociativo e feminista da cidade como Aselafem ou esta Revirada.
email: polotallerdepolo@gmail.com
webs/redes: www.tallerdepolo.com
@polo_tallerdepolo