de Elsa Cabrera

Ilustración de Laura Aparicio

Sei que o hai, sei que o teño.

Incluso cando estou a piques de renderme ante esta loita, retórcese dentro de min.

Avisando. Acougando.

Cando me xulgan por como me visto, por como penso,

por o que son ou o que fago, el ahí segue.

Como un intermitente que se nega a fundirse.

Atorméntanme comentarios impregnados de odio,

de machismo e de desinformación,

e a pesar de berrar basta, esas verbas multiplícanse.

O que eles non saben é que o meu Fondo Violeta tamén.

Cando vexo que este pensamento crea rexeitamento

polo camiño van caendo relacións.

Amizades. Costumes.

O que fai este fondo é recordarme que estou construíndo unha muller forte,

unha muller empoderada, unha muller valente.

E é que a fin e ao cabo, en espazos tan pequenos non merece a pena despregar as túas ás.

Cando vexo que a violencia nas súas mil e unha formas está á orde do día

paseando pola rúa coma se fose unha intrusa que pasa desapercibida,

o que se me tingue de violeta é a alma.

Mentras apoias pensamentos machistas.

Cando segues a corrente de ser un macho tan só por integrarte.

Cando fomentas o acoso nas rúas por crer que iso te fai máis home,

o preciado Fondo Violeta tan só desexa

que xamais o vivan as túas irmás ou a túa propia nai nas súas carnes.

Cando ao enterarte dunha agresión ou asasinato machista

cuestionas antes á vítima que ao agresor

sen reparar en que nada da dereito a xogar coas almas,

o que está desexando o meu fondo

é tinguirte a ti tamén. De violeta e de empatía.

Non queremos lamentos. Queremos apoio.

Queremos liberdade. Merecemos respecto.

Este Fondo Violeta, que me avisa que veu para quedarse,

está berrando desesperado por poder mirarse cada mañá ao espello

sen pensar cal será o motivo que o faga cambalear hoxe .

Aínda así, é capaz de sacar forza para dicirme

que oxalá as chapiñas e lazos de hoxe

se craven tamén nos vosos fondos e se queden ahí.

Para sempre.

______________________________________________________

elsa cabreraElsa Cabrera

Limiá e integradora social, pero como ben di, primeiro de todo é muller. Os seus textos están feitos deses sentimentos que son complicados de verbalizar ou transmitir a través doutras canles. Con eles canaliza as súas emocións e, di estar segura, que as de moitas mulleres máis.

Coa escritura como hobby e o compromiso social como profesional, cre no feminismo como solución global a moitas das problemáticas que vivenciamos na actualidade.

_____________________________________________________

Laura Aparicio

Laura Aparicio

Estudou Produción Audiovisual en Ourense e Ilustración na Coruña, onde vive actualmente. Colaborou en videoclips, como produtora, directora artística e grafista, con grupos coma The Tetas’ Van e Ezetaerre.

No seu tempo libre pinta roupa a man. Na procura de transmitir un descurso reivindicativo e feminista a través dos seus deseños; xa que, como ela ben dí, a arte é unha arma de comunicación masiva.

Este site usa cookies próprios e de terceiros para o seu correto funcionamento e fins analíticos. Ao clicar no botão ACEITAR, você concorda com o uso dessas tecnologias e o processamento de seus dados para esses fins.   
Privacidad