de Paloma F. Balado
Existen moitos mito acerca da apostasía, historias que falan de interrogatorios no obispado, dramas burocráticos e colas interminables para entregar documentos. Neste artigo poderás, por fin, saber os pasos a seguir para acadar a tan ansiada excomunión e aplacar a túa conciencia atea que foi bautizada á forza.
En primeiro lugar, para apostatar só precisas tres documentos:
✔ Un certificado de bautismo. Solicítalo na parroquia onde te bautizaron.
✔ Unha fotocopia compulsada do DNI.
✔ Unha carta ou documento declarando a túa intención de apostatar. Se es lacazana, báixaa de internet de calquera web de apostasía.
Con estes tres documentos vas ao obispado da túa cidade e preguntas onde entregar a documentación da apostasía. Unha vez entregada, debes cubrir un impreso co teu enderezo para que che manden a carta de renuncia. Ás poucas semanas chegarache unha carta certificada ao teu domicilio informándote de que fuches excomulgada e os teus datos xa constan fóra do rexistro da Igrexia católica. Éimportante sinalar que tras apostatar non só non podes casar pola Igrexa, senón que tampouco poderás ser madrinha en ningún bautismo.
A partires dese momento deixarás de formar parte dun colectivo que falou no teu nome cando se posicionou en contra do matrimonio homosexual, do aborto, etc., pero a favor do fascismo, o encubrimento a pederastas e a manipulación dun estado que, por dereito, debería ser laico.Parabéns
companheira!