de Ánxela Fernández Da Silva

a miña vida leva gravados varios nomes que non quixera esquecer

sei que hai heroínas facendo Historia día a día

a sensibilización contra a violencia de xénero

a escola de empoderamento feminista

as novas masculinidades

a abordaxe da violencia no eido familiar

contra as mulleres

a violencia

accións para a concienciación social fronte o maltrato

compañeiras que estaban mergulladas de cheo

a prol da comunidade

hai heroínas facendo Historia día a día

as mulleres en postos de responsabilidade

as mulleres nas cooperativas agrarias

as mulleres no fogar

os obradoiros

as charlas

curtametraxes

relatorios

vídeos

a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes

as leis

a igualdade

ao meu camiño aínda lle quedan moitos tropezos

loito para non esquecer

aprendo e procuro, que os días malos sexan menos

sei que as heroínas non só están nos libros

sei que hai heroínas facendo Historia día a día

agradezo o seu agarimo

sei que elas

serán moi útiles

na miña vida.

__________________________________________

AngelaFernaandez-300x247Ánxela Fernández Da Silva, (Vigo, 1995) é Graduada en Ciencias Políticas, pola Universidad de Santiago de Compostela, realizando como TFG (Traballo Fin de Grado) o estudo: El Movimiento Feminista y de Mujeres en la transición española a la democracia. Posteriormente cursou o Máster de Igualdad, Género y Educación, nesta mesma universidade, e agora encontrase enrolada no programa de doutoramento da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais, da USC. Anque escribe con frecuencia, non ten obra publicada –nunca enviou nada a publicar– sendo entón este o seu primeiro poema en publicarse.

Este site usa cookies próprios e de terceiros para o seu correto funcionamento e fins analíticos. Ao clicar no botão ACEITAR, você concorda com o uso dessas tecnologias e o processamento de seus dados para esses fins.   
Privacidad