Heroínas

O mural é da miña amiga Leda, as bágoas retidas da moza son as nosas. Logo ven a rabia, e na rabia é onde nace a revolución!

Señoras

Para min as señoras, as mulleres anciás representan tanto, sobreviviron a todo e téñoas nun pedestal, sen querelo deime conta de que as prefería a elas, que tan esquecidas estaban.

Heroínas

Mireilles os pés, e souben que a min tamén me tocaría correr, correr cunha manada inmensa de lobas!

Os fodidos estereotipos, a presión que senten as rapazas, o sufrimento dos catorce anos, cando cres que o físico o é todo!

Os fodidos estereotipos, a presión que senten as rapazas, o sufrimento dos catorce anos, cando cres que o físico o é todo!

 

_____________________________________________________________________

maika sanchezMaika Sánchez reside en Compostela, onde exerce como mestra de danza oriental e onde desenvolve a súa afección pola fotografía.

Autodidacta, sinte devoción polo retrato, autorretrato e o collage, sendo unha fotografía de carácter emocional, social, reivindicativo ó seu xeito, e con moita alma.

“Atopo na fotografía algo sanador. Sempre me costou falar en público, expresarme e a foto axúdame a facelo. Non atopo mellor terapia que pecharme nun cuarto e dicir: “Voume fotografiar!”, montar o meu teatriño, onde eu mesma dirixa e actúe para a cámara”

Podes atopála en instagram como maika_nalla.

 

 

Este site usa cookies próprios e de terceiros para o seu correto funcionamento e fins analíticos. Ao clicar no botão ACEITAR, você concorda com o uso dessas tecnologias e o processamento de seus dados para esses fins.   
Privacidad