Neste primeiro encontro nacional, onde se aunarán creadoras de todos os ámbitos artísticos, tentaráse pór enriba da mesa e deitar luz sobre distintas problemáticas que nos atravesan como mulleres e artistas, dúbidas, comentarios, propostas… para coñecérmonos e, sobre todo, apoiármonos. Sen ningunha presión ou expectativa alén da de ver por que vieiro ou bifurcacións nos podemos dirixir. Un sondeo das ganas e do contexto.
A presenza do machismo na arte galega é un segredo a voces. Todas as compañeiras temos experimentado a violencia heteropatriarcal neste ámbito. Poucas veces se denuncia ou se fai pública. A violencia machista (simbólica, psicolóxica, física…) e tanto máis perigosa canto máis velada está. Por iso é sumamente importante loitar contra o machismo/ machistas na arte, porque se xustifica baixo parámetros de “liberdade creativa”, “xenio do autor”, “metodoloxías propias” ou “lugar por enriba da moral”. Nós non toleramos isto. Loitaremos a través do asociacionismo, o coñecemento crítico, a denuncia e o boikot.
Facemos un chamamento expansivo a todas as mulleres que se consideren creadoras ou artistas (bailarinas, pintoras, músicas, actrices, deseñadoras gráficas, escritoras, escultoras, fotógrafas…) para mobilizármonos e apoiármonos as unhas ás outras. Pódense escribir no seguinte formulario aquí: https://docs.google.com/