de Nuria Otero.

 

Non gosto deste corpo.

Deste corpo que non se adapta

ó que pedides       pedimos                pido

ó que gostades                     gostamos                              gosto.

Este corpo naceu ceibe,

sen intención de se achegar

ás beirarrúas das avenidas

cheas de tendas de moda

e maniquís tesos e macilentos.

Este corpo non gosta

de se amoldar á compostura.

É quen de bailar de saltar,

de subir                baixar

e amar.

Aínda que pretendan        pretendamos       pretenda

que estea quieto,

oculto e tapado;

que non é pequeno

nen é bonito.

É grande e pesado.

É desleal cos meus desexos

e as miñas ideas absurdas

de seren coma o resto.

Non gosto desde corpo.

Mais el gosta de min

e ficamos xuntos.

 

 

__________________________________________________________________________

yo

Nuria Otero

Os feitos:

Nacín en Bos Aires en 1971. Neta de galegas. Como tantas. Son licenciada en pedagoxía e psicopedagoxía, aínda que non exerzo. Son estudante de Lengua e Literatura Españolas, aínda que tampouco exerzo moito de estudante. Son nai dunha filla e dous fillos. Vivo nunha pequena (e irreductible) aldea da provincia de A Coruña. Teño publicado un libro de poemas “lo que no existe o el año de los superhéroes”, Ed. En Huida (2017) e outro que será publicado en breve. Tamén participei en varias antoloxías, como Anónimos 2015 ou a Revista Xistral.

O que non son feitos:

Con 11 anos mudei en nómada. Nunca quixen casar nen ter fillos, pero fai 16 anos que estou casada e son nai de familia numerosa. Escribo dende sempre, dende que teño recordos, dende a primeira vez que algo me doleu. Sexa como sexa, fai catro anos que decidín chamarme escritora e ocupar en escribir o escaso tempo libre que me deixa o feito de teren incumplido, unha a unha, todas as miñas promesas.

 

Imagem de destaque. Violeta González.

 

Este site usa cookies próprios e de terceiros para o seu correto funcionamento e fins analíticos. Ao clicar no botão ACEITAR, você concorda com o uso dessas tecnologias e o processamento de seus dados para esses fins.   
Privacidad