de Elena Agrelo

Quen son, REVIRADA 3_ELENA AGRELO

Quen son?

_________________________________________________

Elena Agrelo

Elena Agrelo Janza

Nada en Caldas de Reis no ano 1990. Levo debuxando dende moi cativa, pero agora estou rematando os estudos superiores de fotografía na Mestre Mateo.

Teño duas liñas de traballo unha de fotografía profesional, polos meus estudos, e outra do meu alter ego, Blume, persoalidade que funciona coma caixón onde recopilo experiencias, paixons e inquedanzas en forma de fotografía, debuxos e texto breve. Fotografías e ilustracións van acompañadas dunhas liñas de texto pois a poesía e a literatura son para mín grandes fontes de inspiración, grazas a autoras como: Virginia Woolf, Agota Kristoff, Alejandra Pizarnik entre outras e outros.

Portfolio Behance/elenajanza

Portfolio ilustración Behance/blumedelirium

Twitter Blume Delirio

 

As ilustracións

Pertencen a miña segunda liña de traballo,  Blume, palabra alemá que significa flor e tamén se refire ao recendo da froita, son unha via de escape, nelas reflicto o meu punto de vista sobre certos temas, e as miñas paixóns mais fondas. Sobre o papel gústame probar todo tipo de estilos, os meus referentes son Egon Schiele e Milo Manara. Tamén me inspiro nas artes de debuxo orientais, Ukiyo- e e  no Surrealismo, os mundos e situación imposibles que se poden construir, son infinitos.

As técnicas que emprego son o debuxo a tinta, cor con acuarelas e logo un tratamento dixital mediante tableta gráfica, para inserir textos ou algúnha textura pictórica.

Este site usa cookies próprios e de terceiros para o seu correto funcionamento e fins analíticos. Ao clicar no botão ACEITAR, você concorda com o uso dessas tecnologias e o processamento de seus dados para esses fins.   
Privacidad