de Andrea Vegabreu
Barriñas de avea
Ingredientes:
* 1 vaso de flocos de avea finos.
* 3 culleradas de compota de mazá ou cabaza asada
* 3 culleradas de xarope (pode ser concentrado de mazá, melaza de arroz, xarope de agave, xarope de pradairo, etc.). Outra opción sería engadir unha cullerada máis de compota e dúas culleradas de panela.
* 3 culleradas de anaquiños de chocolate negro, uvas pasas ou algunha outra froita deshidratada.
* 1 culleriña de esencia de vainilla (opcional)
* 1 chisquiño de canela (opcional).
A receita é ben sinxela. Só tes que mesturar ben tódolos ingredientes e logo estender a masa nun molde ou bandexa con papel de forno. Primeiro corta en forma de cadrados ou barriñas cun coitelo mollado e logo enforna a 200 ºC uns 15min ou ata que a masa comece a dourarse.
Bo proveito!
______________________________________________________
Son Andrea Vegabreu. Muller-toxo, tradutora, intérprete e alquimista vegafeminista apaixonada da cociña 100% vexetal, silvestre e creativa. Biodanzante, batukeira, a(r)tivista e tecedora doutros mundos posibles alén do arco da vella.