por Libraria Lila de Lilith

Irmá Paxaro de Tamara Andrés

irmapaxaro

Irmá Paxaro de Tamara Andrés e ilustracións de María Montes, publicado pola nova editora Cuarto de Inverno. Trátase dun libro de poesía ilustrado especialmente bonito que trata relacións de afectos nada habituais na literatura. Aborda a relación de afecto entre irmás e como esta adoita ser máis íntima na infancia e máis afastada na adultez.

 

 

 

 

 

 

 

As estacións do lobo de María Reimóndez

9788491215707

As estacións do lobo de María Reimóndez publicada por Xerais. Nova entrega do universo do Ciclo dos elementos desta prolífica autora feminista. E van cinco. Clara é a nosa protagonista, una moza de Lugo que coñecemos nun dos momentos máis fríos e áridos da súa historia vital. Imos acompañándoa a través das estación do ano, de Alemaña a Lugo, e volta. Da domesticación do lobo (da loba) á liberación salvaxe.

Ferreñas & Rock and Roll de Laura Romero

ferreñasFerreñas & Rock and Roll é unha crónica ilustrada das nosas músicas máis senlleiras, escrita por Laura Romero e Iria Pedreira e publicada por Baía Editorial. Parte do proxecto na rede Músicas Galegas Ilustradas e recompila, ilustra e aporta biografías de músicas galegas de diversas épocas e estilos musicais.

 

 

 

Seique de Susana Sánchez Aríns

seique

Seique de Susana Sánchez Aríns publicada por ATravés, edición actualizada. Volve ter unha nova vida este “librazo” que non nos cansamos de recomendar. Memoria histórica dende a familia que sufre a un fascista dende dentro. As voces das mulleres van armando, dun xeito moi particular, o seu propio relato, común a todo un pobo.

 

Mujeres negras en la ciencia de Zinthia Alvarez

mujeresnegrasenlacienciaMujeres negras en la ciencia de Zinthia Alvarez, autoedición a través dun crowdfounding. Álbum ilustrado que recolle  e mostra unha serie de mulleres negras e afrodescendentes adicadas con éxito á ciencia. Percorre as vidas e os achados destas mulleres hiperinvisibilizadas pola historia que cómpre recuperar e colocar no seu lugar.

 

 

 

 

Mulleres e Poder de Mary Beard

mulleresepoderMulleres e Poder de Mary Beard. Hércules Ediciones. A recoñecida historiadora fai un percorrido histórico pola expulsión das mulleres dos dicursos públicos. Realiza tamén unha análise das mulleres no poder e de como se lles segue a desacreditar hoxe en día a través das redes sociais.

 

 

 

 

 

 

 

 

autora

lilaÉ unha libraría de mulleres, feminista, que aporta bibliografía de mulleres autoras, especialmente en narrativa, poesía, infantil, banda deseñada, e ensaio en temas especializados cruzados coa perspectiva de xénero: economía, saude, sexualidade, historia, etc. Programamos cursos e actividades, ademais dos lanzamentos de libros, música, teatro, etc.

liladelilith@gmail.com

@LiladeLilith

Rúa Travesa nº 7 15704 Santiago de Compostela   tel: 981 57 14 69

Este site usa cookies próprios e de terceiros para o seu correto funcionamento e fins analíticos. Ao clicar no botão ACEITAR, você concorda com o uso dessas tecnologias e o processamento de seus dados para esses fins.   
Privacidad