Por Libraria Lila de Lilith
URALITA. Iria Pinheiro e María Lado. Cuarto de Inverno.
Libro cunha coidadísima edición, escrita a catro mans, ou dúas voces, pois ten moita relación coa oralidade e co teatro. Tempos de antes e tempos de agora, e moita retranca.
IRMANDIÑAS. Aurora Marco. Laiovento.
É de xustiza recuperar as mulleres da historia. Neste caso as activistas, intelectuais e mulleres envolvidas socialmente entre o 1916 e o 1936 na Galiza.
CÓMPLICES. A violencia machista institucional. Iria Vázquez Silva (coord.) Galaxia.
Libro a varias voces que pon o foco na violencia machista que exercen as propias institucións, desde os eidos xudiciais, policiais, sanitarios, etc. Un imprescindible!
ÁRBORES NO DESERTO. Rosalía Fernández Rial. Galaxia.
Colle e deconstrúe os saberes concentrados de autoras e activistas feministas e convérteos en poesía, acompañada dos retratos de cada unha delas. Deleite para todos os sentidos.
ESCRITOS FEMINISTAS. Rosalía de Castro. Fundación Rosalía de Castro.
Selección de poesías e textos desde unha óptica claramente feminista. Fotos e unha edición con letra lilás preciosa.
COMANDO MALVA. Novela orixinal de Pilar Bellver. Artista gráfica: Olga Carmona Peral. Dosbigotes. 2019.
Novela gráfica que narra a historia de 6 mulleres que se encontran a través dunha libraría feminista e deciden pasar á acción.
______________________________________________________
É unha libraría de mulleres, feminista, que aporta bibliografía de mulleres autoras, especialmente en narrativa, poesía, infantil, banda deseñada, e ensaio en temas especializados cruzados coa perspectiva de xénero: economía, saude, sexualidade, historia, etc. Programamos cursos e actividades, ademais dos lanzamentos de libros, música, teatro, etc.
liladelilith@gmail.com
Rúa Travesa nº 7 15704 Santiago de Compostela tel: 981 57 14 69