Seleçom feita pola Libraría Lila de Lilith, descriçom dos libros das editoras.

TEMPO TARDADE. Raquel Miragaia (Através editora)
Após a morte da mãe, Branca volta à casa familiar, agora vazia mas cheia de lembranças da infância. O descobrimento por acaso de uma gaveta cheia de cartas antigas do seu tio-avô, emigrado com 19 anos a Buenos Aires, faz com que Branca se pergunte porque é que a figura do seu tio Serafim mal foi mencionada na sua família. A leitura das missivas e a sua indagação acabarão deitando luz sobre a verdade.

N*S *S INADAPTAD*S. Representações, desejos e histórias LGBTIQ na Galiza. VVAA (Através Editora)
Diferentes pessoas, olhares, metodologias, disciplinas e temáticas acerca da questão LGBTIQ galega.

SUPER ULEX, Susana Sanches Arins (Cuarto de Inverno)
A químio afastou a Clara da sua escola durante semanas, mas ao regressar, tudo nela mudou. Já não é a mesma e não pode ficar indiferente perante as injustiças e atropelos que acontecem à sua volta, venham de quem vier. A sua força e reflexos viram-se afetados de jeito descomunal, tanto que nem ela mesma é capaz de os controlar. Deixou de ser Clara para se converter, com a ajuda da avó Rorita e da tropa fandanga, em SuperUlex, a heroína que todas estávamos a aguardar.

NINGUÉN MORREU DE LER POESÍA. Aldaolado (Xerais)
Ninguén morreu de ler poesía é unha instantánea do país da poesía, unha postal, unha guía de viaxes, un souvenir, un «estiven en Aldaolado e acordeime de ti». Pégao na porta do frigorífico. Técelle un tapete de fío e pono derriba da tele.

ENTRE DONAS. VVAA (Baía editorial)
Temos nesta obra dez relatos doutras tantas escritoras galegas actuais, diversas en estilo narrativo, experiencias, recoñecemento e noutros moitos aspectos vitais, pero que coinciden en tomar a palabra e falar con voz propia, colocando as mulleres no centro da historia.

FLORES DE FERRO. María Rei Vilas (Galaxia editorial)
María Rei Vilas debuta na novela cunha historia en que a intriga asolaga tanto o persoal coma o colectivo, cun destacado protagonismo das mulleres, uns personaxes inesquecibles e unha trama onde as vítimas silenciadas poden procurar, polo menos, unhas pingas de xustiza. Aurora, Olga, Nidia… son as flores de ferro desta historia. Pero hai máis. Houbo moitas máis.

A CONTRAPELO OU POR QUE RACHAR O CÍRCULO DE DEPILACIÓN, SUBMISIÓN E AUTOODIO. Bel Olid (Edicións Embora)
É estraño que un trazo característico das mulleres adultas, a aparición do pelo na pube e nos sobrazos, se considera un trazo masculino que debemos eliminar por completo para parecermos “femininas”.Bel Olid expón neste libro os motivos e os efectos da depilación da muller, incluídos a sumisión social e a inseguridade persoal.

MADIALEVA. Ana Moreiras (Aira editorial)
Quen foron as mulleres galegas que cosían a roupa que conquistou o mundo? Que soños gardaron os emigrantes que deixaron a aldea na procura de prosperidade? Unha novela gráfica sobre as voces baixas da nosa historia recente Madialeva é o primeiro título da colección ‘Mulleres Ilustradoras’, que propón banda deseñada con perspectiva de xénero

A DESVÉRTEBRA Ana Romaní (Chan da Pólvora)
Estamos ante un libro que imbrica a trascendencia co humor, a postura de radicalidade ética coa máis fina ironía ata conseguir un dos títulos máis relevantes que se publicaron en Galicia nos últimos anos.

A NOSA NEGRA. Harriet E. Wilson. traduc. María Reimóndez (Editorial Hugin e Munin)
A nosa Negra, publicada orixinalmente en 1859, é unha das primeiras novelas da literatura estadounidense escrita por unha afroamericana.Limítrofe coa crónica autobiográfica, a obra narra a crúa vida de Frado, unha muller negra libre que, malia se criar nun estado non escravista do norte, foi vítima do racismo imperante; entronca, polo tanto, coa coñecida como narrativa da escravitude, xa existente en América do Norte dende o século XVIII.

O FEITIZO DE MARUXA. Eutropio Rodríguez / Nieves Neira Roca (ACentral Folque)
Como foi parar unha cámara ás mans de Maruja Roca no Becerreá de comezos dos 40? Non se sabe. Nin tampouco como esas mans aprenderon a moverse na escuridade dun cuarto da casa. Sabemos, sen embargo, dos seus ollos. Dos rostros e rastros que gardou quen foi, non só a única fotógrafa da vila e das poucas mulleres que exerceron o oficio na Galicia da posguerra, senón alguén que hoxe se nos revela como artista para a historia da fotografía. Ollos que aínda ondulan nas imaxes, tentándonos a tocar a superficie dun feitizo.

O AXOLOTE E OUTROS CONTOS DE BESTAS E AUGA Lara Dopazo Ruibal (Galaxia editorial)
Nestes relatos atoparás unha ducia de historias lostregantes que teñen como elemento común o sobrenatural. Contos que combinan o desacougo co humor, o improbable co imposible, o humano e mais o natural, todo superposto e fundido nunha colección de historias de prodixios e arrepíos.

ILLA DECEPCIÓN. Berta Dávila (Galaxia)
Cunha voz inconfundible, penetrante, orixinal e ao tempo case delicada, Berta Dávila narra a historia dunha memoria que rescata o presente. Para conseguir xuntalo cun pasado vívido, cálido, ao que se pode viaxar por medio da literatura. Illa Decepción devolve á novela o seu poder de convicción, a súa forza para unir a quen escribe e a quen le. Narradora e lectora, imaxinación e vida. Unha obra singular, única, que prende na memoria e que a lectura fai propia, persoal, de todo o mundo.

PANZA DE BURRO. Andrea Abreu (Ediciones Barret)
Novela bombazo deste ano que pasou, recomendamos moito!
______________________________________________________

É unha libraría de mulleres, feminista, que aporta bibliografía de mulleres autoras, especialmente en narrativa, poesía, infantil, banda deseñada, e ensaio en temas especializados cruzados coa perspectiva de xénero: economía, saude, sexualidade, historia, etc. Programamos cursos e actividades, ademais dos lanzamentos de libros, música, teatro, etc.
liladelilith@gmail.com
Rúa Travesa nº 7 15704 Santiago de Compostela tel: 981 57 14 69