Seleçom feita pola Libraría Lila de Lilith, descriçom dos libros das editoras.

 

1. Cobiza. María Reimóndez. Edicións Xerais 

Esta apaixonante novela de ciencia ficción feminista foi merecedora do I Premio Pinto e Maragota á diversidade sexual e de xénero organizado polo Concello de Pontevedra e Xerais.

2. As malas mulleres.

Marilar Aleixandre. Editorial Galaxia

A través das páxinas de As malas mulleres, asistimos a unha dura e apaixonante viaxe polo tramo final do século XIX, nunha historia a varias voces, a de Sisca, de 15 anos, presa por non seren as mulleres donas do seu corpo; as de mulleres como Concepción Arenal, visitadora de prisións; e Juana de Vega, cruciais para entendermos a nosa historia e as do “mudo coro das malas mulleres”, que entoa prantos sobre encontros cos predadores sexuais.

3. Bruxas. A forza invencible das mulleres.

Mona Chollet. Hércules.

Mona Chollet reflexiona, neste brillante ensaio, sobre a herdanza patriarcal no pensamento europeo, desde a caza de bruxas ata a actualidade.

4. A froita do coñecemento.  A vulva contra o patriarcado. Liv Stromsquist. Editorial Catro ventos 

Liv Strömquist enfoca con orixinalidade a historia dos xenitais das mulleres nesta obra gráfica instrutiva e tremendamente divertida. 

5. Identidade. A normalidade do non común.

Nee Barros. Editorial Galaxia

 Un simple acto, o de nacer, é o que marca a nosa vida. A nosa chegada termina por determinar o noso final, e tamén o noso percorrido

6. De certo, a vida ía en serio.

Xela Arias. Chan da Pólvora 

 María Xesús Nogueira foi a encargada de realizar a selección e o estudo complementario sobre unha muller que viviu o seu tempo de maneira intensa e, con frecuencia, indómita. 

 

7. Terceiro acto.

Andrea Jiménez / Noemí Rodríguez. Edicións Positivas. 

TERCEIRO ACTO é unha peza á vez cómica, sombría e fermosa. Un poema escénico sobre a memoria e os soños; un exorcismo, unha celebración da vida e do teatro.

8. Sibila. Rosa Aneiros. Edicións Xerais 

Sibila regresa ao lugar en que foi animal sen domesticar nun tempo en que todo foi seu. Agora nada ten agás a encomenda dunha misión que cumprir e a terrible certeza de que lle vai a vida niso. Durante a estadía na illa irá descubrindo o salvaxe que nela habita

9. O cuarto de Jane. Charo Pita.

Charo Pita 

 XV Premio de Poesía Erótica Illas Sisargas | (2021) publicado por Caldeirón 

10. As desterradas. Carme Varela. Edicións Xerais 

Unha historia de resistencia protagonizada por un pequeno grupo de monxas que mantiveron unha valente e desigual pelexa cos grandes poderes do seu tempo: a coroa e o papado.

11. Fodemos? Bel Olid. Edicións Embora 

De que (non) falamos cando falamos de sexualidades? Seguir o desexo, compartir o pracer. Parece doado, non? E aínda así vivimos sexualidades condicionadas por expectativas, suposicións e tabús que nos dificultan a escoita. Fodemos? explora os camiños que nos poden levar a sexualidades máis humanas, a relacións máis agradables.

_____________________________________________________________________________

É unha libraría de mulleres, feminista, que aporta bibliografía de mulleres autoras, especialmente en narrativa, poesía, infantil, banda deseñada, e ensaio en temas especializados cruzados coa perspectiva de xénero: economía, saude, sexualidade, historia, etc. Programamos cursos e actividades, ademais dos lanzamentos de libros, música, teatro, etc.

liladelilith@gmail.com

@LiladeLilith

Rúa Travesa nº 7 15704 Santiago de Compostela   tel: 981 57 14 69

Este site usa cookies próprios e de terceiros para o seu correto funcionamento e fins analíticos. Ao clicar no botão ACEITAR, você concorda com o uso dessas tecnologias e o processamento de seus dados para esses fins.   
Privacidad