de Libraria de Mulleres Lila Lilith
Pensamiento monógamo, terror poliamoroso. Brigitte Vasallo. La Oveja Roja. 2018
Investigación histórica sobre a centralidade da monogamia nas nosas construcións amorosas e os seus mecanismos de imposicións. Da monogamia como sistema, non só como relación. E do poliamor que segue amarrado a ese sistema e que pon o acento na acumulación sen replantexarse o como e deixando cadaleitos emocionais atrás de si.
Feminismo para o 99%. Un manifesto. Cinzia Arruzza, Tithi Bhattacharya, Nancy Fraser. Tradución Patricia Buxán, Limiar María Reimóndez. Catroventos, 2019
Ensaio traducido ao galego que parte da forza do movemento feminista na actualidade e que fala da necesidade de que non perdamos de vista a loita anticapitalista.
#NâomeKahlo. Feminismo além das redes. Bruna de Lara_Bruna, Rangel_Gabriela Moura, Paola Barioni, Thaysa Malaquias. Prólogos Susana Arins, Joana Magalhâes, Caroline Lyrio. ATravés 2019 (2016)
A partires dunha campaña nas redes socias no Brasil que puxo de manifesto o machismo que chega a todos os ámbitos, fálannos de cuestións de actualidade mais tamén temas xa clásicos no feminismo no Brasil.
No camiño do vento. Sesé Mateo. Autoedición familia e amigas de Sesé Mateo. 2019
Libro de poesía que é moito máis. Este libro recupera a súa voz a través de poesías e textos que atoparon @s seus fill@s. É un proxecto contra a Violencia machista. Pódese comprar on-line e todos os ingresos do libro van para orf@s da violencia machista a través da Fundación Mujeres.
Diáspora do amor balea. Andrea Nunes Brións e María Rosendo Priego. Caldeirón 2018 XII Premio de posía erótica Illas Sisargas
Poesía galega que vai dende o pracer das mareas, do corpo, das carqueixas, dos líquidos corporais, ate a distancia, a través dos amores sans… Un gozo de lectura.
Besta do seu sangue. Emma Pedreira. Xerais, 2018. Premio Xerais de novela narrativa galega
Reinterpretación da historia de Rosamasanta, dende a hipótese, bastante fundamentada, de que era unha persoa intersexual. Poucas veces —nós non coñecemos ningún outro caso— aparece a intersexualidade nas letras galegas. O ton do libro xera unha atmosfera poética lúa-monte-lobo moi envolvente.
Tu contas e eu conto. Susana Sánchez Aríns. Através. 2018.
A autora de Seique (lectura obrigatoria) presenta desta volta un libro de relatos variados dende o rural —e non só—, dende o pasado, dende o presente e dende o pasado máis afastado, case sempre dende o humor, e por veces dende o drama.
Remexido de patacas. Eli Ríos. Baía Edicións, 2019.
Novela curta de Eli Ríos, autora de Luns, entre outros. Ficcións que nos permiten pensar noutros mundos que están ou poderían estar neste mesmo. Fica o corpo a gusto.
Sexo es una palabra divertida. Cory Silverberg y Fiona Smyth. Bellaterra, 2019 (2015).
Non era sen tempo que recibiramos algún libro para público infantil que abordara a sexualidade dende unha óptica positiva, dende o autocoñecemento e o goce do propio corpo. Ten en conta a diversidade dos corpos, das identidades e dos desexos.
Essa dama bate bué!, Yara Monteiro. Guerra & Paz, 2018.
Entre a sátira e a traxedia, o abandono e a ruptura, esta é unha historia de autodescubrimento. Un romance contemporáneo. Vitória naceu en Angola, mais foi criada polos avos en Portugal. Para ser, tal vez, unha “boa esposa”. Márcaa un trauma que non superou: nunca coñeceu á súa nai, unha revolucionaria angolana.
¿Qué haría de Beauvoir…? Cómo las grandes feministas resolverían tus problemas cotidianos. Tabi Jackson Gee y Freya Rose. Larouse, 2018.
Cuestións de temas actuais resoltos por feministas clásicas.
______________________________________________________
É unha libraría de mulleres, feminista, que aporta bibliografía de mulleres autoras, especialmente en narrativa, poesía, infantil, banda deseñada, e ensaio en temas especializados cruzados coa perspectiva de xénero: economía, saude, sexualidade, historia, etc. Programamos cursos e actividades, ademais dos lanzamentos de libros, música, teatro, etc.
liladelilith@gmail.com
Rúa Travesa nº 7 15704 Santiago de Compostela tel: 981 57 14 69