da Libraria de Mulleres Lila de Lilith
22 segundos. Eva Mejuto. Xerais. Fóra de Xogo. 2017
Falta facía este libro!

Recibimos o novo libro de Eva Mejuto, o primeiro que fai para público xuvenil (e adulto, acrecentaríamos nós) cos brazos abertos. Primeiro, porque adoramos a historia que conta, prendemos nela e emocionounos, e segundo, por poñer en palabras o que non se conta habitualmente. É  a historia dun tránsito, ou dunha “viaxe cara min mesmo”. Alex, un mozo transexual, fai un repaso polos momentos clave da súa vida ao mesmo tempo que lanza as redes sociais un video expresando quen é. Somos testemuñas da tensión que se produce cando se queren impoñer ás crianzas as normas ríxidas de xénero, vamos vendo os medos e os avances, os apoios e os atrancos, @s compañeir@s de viaxe e as persoas que non soportan a diversidade e reaxen con violencia. Adoramos porque é un relato de éxito, a pesar de todo. Moi habitual é que nos atopemos na literatura e no cinema, destinos tráxicos para quen non cumple o mandato heteropatriarcal. Así que ten especial relevancia que as historias felices e con vidas dignas de ser vividas se convirtan, tamén, en referentes. Parécenos, ademais, unha guía para o tránsito que temos que facer as demais persoas, o entorno, a comunidade, para coñecer, respetar e apoiar os procesos. Este sería o eixe principal do libro, onde se van aportando claves e recursos, tamén se fai unha crítica da liña que patoloxiza a transexualidade. De fondo moitas máis cuestións, familias non normativas, explotación laboral, relacións inetrculturais, as redes sociais como ferramenta… Moi moi recomendábel!

Libraría de Mulleres Lila de Lilith

POLIFONÍA AMOROSA. LAURA LATORRE HERNANDO. EDICIONS BELLATERRA 2017

Hai unhas semanas acollimos na Lila a presentación deste libro, Lola Ferreiro acompañaba na mesa a autora. Toda unha descoberta, a autora e o libro. Polifonía amorosa recolle relatos de vida sobre relacións afectivo-eróticas, de persoas que lle dan unha volta ao tema do amor e da liberdade, poñendo sobre a mesa os conflictos e as incoherencias máis tamén a resolución creativa, feminista e respetuosa dos mesmos.  A autora Laura Latorre Hernando, educadorasocial  feminista con experiencia en obradoiros, estivo catro anos facendo entrevistas en profundidade para logo, con todo ese material, ficcionar os relatos que aparecen no libro. Recolle diversas identidades, relacións, xeografías, xeitos de narrar, etc… Achégase ás historias con moito respeto e sen xulgar, o cal se agradece.  É moi curioso ir lendo e comprobando que cousas nos van resonando a cada unha… convidámosvos a que fagades a proba!

_____________________________________________________________________

logo_lilaLibraría especializada en literatura feminista e lgtb. Bibliografía de mulleres autoras en narrativa, poesía, infantil, cómic e ensaio. Eventos case cada semana.Libraría Lila de Lilith
15704 Santiago de Compostela
tlf: 981571469
fb: Libraría de Mulleres Lila de Lilith
twitter: lila de lilith
instagram: librarialiladelilith
Este site usa cookies próprios e de terceiros para o seu correto funcionamento e fins analíticos. Ao clicar no botão ACEITAR, você concorda com o uso dessas tecnologias e o processamento de seus dados para esses fins.   
Privacidad