Por Laura Piteira

O SPM, tan sonado aínda que descoñecido, fai que moitas mulleres menstruantes toleen cada mes. Os síntomas poden variar dende cambios de humor, até niveis de enerxía baixos, molestias xerais ou fame voraz. 

As causas non son moi claras, pero dende logo están relacionadas co terremoto hormonal que pode causar a baixada de estróxenos na fase lútea, xusto antes da menstruación. Isto está relacionado cunha caída nos niveis de serotonina, que afecta no estado de ánimo, apetito, memoria ou na sexualidade. En tempos da COVID-19 é máis común que co estrés e estilo de vida máis sedentario isto empeore.

Algúns factores que poden influír nun maior benestar, tanto nos días da regra como antes son: durmir e descansar máis, non expoñerse a aparellos electrónicos 2 horas antes de durmir, respirar tranquilamente durante 10 minutos, exercitarse moderadamente e comer san. Tamén é importante aceptar os feitos e atopar rutinas que axuden a liberar a presión, xa que quizais o SPM non só depende de hábitos físicos senón mentais e sociais: as mulleres sempre tiveron demasiada presión e asuncións sobre o seu corpo.

Quizais a regra non doia tanto, pero estamos condicionadas a pensar que si, e que non podemos facer nada ao respecto

Neses momentos é normal ter antoxos de carbohidratos, pero hai algúns carbohidratos sinxelos que poden empeorar os síntomas. Aí xoga un papel importante a nutrición equilibrada. É una boa idea limitar o consumo de alimentos moi salgados, carbohidratos refinados ou alcohol.

Sería ideal consumir máis froitas e verduras que son fonte de auga e micronutrientes, como o magnesio, claves para ter una regra menos dolorosa, proteína magra de orixe vexetal ou animal e cereais integrais con triptófano que axudan a estar máis tranquila, graxas saudábeis como froitos secos e sementes ricas en omega3, ben como o xenxibre ou a cúrcuma, que diminúen a inflamación.




Laura Piteira.

Nutricionista, profesora de ioga e promotora da vida sa en Laura’s Green Love, @laurasgreenlove en Instagram, Facebook e Youtube.

È unha muller apaixoada pola vida saudábel. Iso levouna a estudar ioga, nutrición, saúde corporal natural, movemento funcional, anatomía, técnicas respiratorias, meditación, e todo tipo de prácticas relacionadas co benestar natural. O seu obxectivo é inspirar a outras persoas a coidarse máis porque todo o mundo merece sentirse ben.

Ig: @laurasgreenlove Fb: @laurasgreenlove Youtube: Laura Banga

Web en proceso

Este site usa cookies próprios e de terceiros para o seu correto funcionamento e fins analíticos. Ao clicar no botão ACEITAR, você concorda com o uso dessas tecnologias e o processamento de seus dados para esses fins.   
Privacidad