por Nelson G. Rodríguez Avilez

Re-créome na túa mirada. Mais non teño o poder. Aparecer. No teu mundo.

Do ser plástico. O produto da plasticidade. Ser ou non ser. É unha cuestión de permisos.

Móvome ao teu carón. Como unha ninfa. Enseñación e Agamben. Fantasmagoría.

Móvome canda ti na luz. Apagada de vez. Unha distopía ilexible.

Vémonos ao cruzar as portas. Da percepción selectiva. Dentro dunha caixiña. Que reduce

corpo e xénero. A vida ou morte.

Nas vidas á marxe. Móvome en calma. Porque as pantasmas non dan medo se non se

ven. Se non se len. Porque se fuxo continuamente o tempo e o espazo son meus.

Vémonos ao final da rúa. Estraños encontros con Sarah Ahmed. Seres non identificados. A

mitoloxía dos corpos ilexibles.

Inequívoca é unha sensación. A seguridade dunha forma. Do tamaño dunha caixa. Na que

tombar-nós a diario.

Re-Créasme na túa mirada.

_______________________________________________________________________

 

Nelson G. Rodríguez Avilez.

Camiño entre lusco e fusco, no silencio das aparicións. Participo da docencia como forma de activismo e semente de futuro.

Estudei filoloxía inglesa para terminar descubrindo unha porta aos mundos da corporeidade e a disidencia queer.

Aske, a miña cadela, acompáñame no nomadismo.

 

Este site usa cookies próprios e de terceiros para o seu correto funcionamento e fins analíticos. Ao clicar no botão ACEITAR, você concorda com o uso dessas tecnologias e o processamento de seus dados para esses fins.   
Privacidad